viernes, 28 de mayo de 2021

ANIVERSARIOS DE MAIO NA CLASE LILA

 No mes das flores, festexamos o aniversario do noso Juanito... Parabéns, pequecho!!!!



viernes, 14 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Os peques e as peques do Rosalía levamos unha semana moi completiña... traballando a tope!!!! E sabedes por que??? Pois porque este mes temos dúas festas super importantes... O día das Letras Galegas e o Día das familias!!!

Levamos días mantendo un secreto, para darlle unha supersorpresa ás nosas familias.... unha postal onde lles dicimos canto os queremos!!! Porque as nosas familias son o mellor, e sempre están aí cando as necesitamos, por iso merecen unha gran celebración e un gran agasallo! Gústouvos??? Fixémolo con moito amor!!!!





Pero a celebración desta semana non remata aí, pois Maio é o mes das Letras, das nosas Letras Galegas. Este ano está adicado á escritora Xela Arias, e como queriamos saber cousas de ela, puxémonos mans á obra... Mirade mireade...



E para rematar tanto traballo, que mellor maneira que escoitar unha boa música galega e botar un pequeno baile, cun dos mellores grupos de música e baile tradicional de Galicia, que temos a sorte de ter en Lugo... Cántigas e Frores!!! A que non hai mellor maneira que festexar o noso día?







Moitas grazas a ANPA por ofrecernos a posibilidade de escoitar e ver esta marabilla e descubrir o noso folklore. E por suposto, a mamá de Iago e aos seus compañeiros e compañeiras por facelo tan tan ben! 

Gozade de esta ponte e vémonos o mércores 19!



miércoles, 12 de mayo de 2021

ANIVERSARIOS DE MAIO NA CLASE AZUL

 No mes de maio na clase azul estivo de aniversario Mateo.




Parabéns polos seis anos Mateo!!


martes, 4 de mayo de 2021

ANIVERSARIOS DE ABRIL NA CLASE VERDE

 No mes de abril na clase verde estiveron de aniversario Lucas e Paula.




Parabéns aos dous!!