miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN 2019

Sapos, bruxas e curuxas... e sobre todo, cabazas, moitísimas cabazas!!!! Xa está aquí de novo a festa do Samaín e os peques de Rosalía tamén quixemos adicarlle un tempo esta semana. A festa comezou cunha grande exposición de cabazas... pero que chulas!!!!

Aproveitando o proxecto do centro: "naturalízate", moitos e moitas fixemos unha cabaza onde deixamos ver como os plásticos e a contaminación están acabando co noso planeta pero, ademais, na nosa exposición tamén tivemos cabazas bruxas, cabazas zombies, cabazas momias, cabazas froitas, cabazas unicornios... e ata un spiderman e un monstro das galletas!!!!! Mirade que orgullosos e orgullosas posamos coas cosas cabazas...




Hoxe, como non poidemos ir ao patio, aproveitamos e escoitamos e bailamos unhas das nosas cancións favoritas de Samaín. Queredes escoitalas de novo??? Aquí as tedes...








Aproveitamos a ocasión para darvos as grazas familias, pola implicación nesta festa tallando as cabazas... Cada ano sorprendédesnos máis.... Sodes uns artistas!!!! E agora soamente queda gozar da festa e da ponte destes días. Pasádeo moi ben e vémonos o luns 4 de novembro! Bicos das profes!

martes, 15 de octubre de 2019

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO NA CLASE LILA

Este mes festexamos na clase os aniversarios de Adrián, David e Lía...


PARABÉNS POR ESES 5 ANOS!!!!


viernes, 11 de octubre de 2019

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO NA CLASE VERDE

No mes de setembro na clase verde estiveron de aniversario Saúl e Adriana.




Parabéns aos dous por eses 3 anos!!!



martes, 8 de octubre de 2019

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO NA CLASE AZUL

No mes de setembro na clase azul estivo de aniversario Antía.



Parabéns Antía por eses 4 anos!!!!!!